¿Qué é o Certificado de Eficiencia Enerxética? |
|
![]() |
O Certificado de Eficiencia Enerxética, regulado polo Real Decreto 235/2013 de 5 de abril, polo que se aproba o “Procedemento Básico para a Certificación da Eficiencia Enerxética dos Edificios”, é un conxunto de informes ou documentos administrativos nos que se define a cualificación enerxética dun inmoble. Polo tanto a certificación enerxética cualifica enerxeticamente un inmoble calculando o consumo anual de enerxía necesario para satisface-la demanda enerxética dun edificio en condicións normais de ocupación e funcionamento. (inclúe os sistema de produción de auga quente e calefacción, iluminación, refrixeración e ventilación). |
O proceso de certificación enerxética remata coa emisión do certificado de eficiencia enerxética e a asignación dunha etiqueta enerxética, que expresa a cualificación enerxética do edificio.
¿Quen está obrigado a realizar o Certificado de Eficiencia Enerxética?
Este certificado resulta obrigatorio, salvo excepcións, para o propietario do inmoble ou de calquera parte individual do mesmo (vivendas, oficinas ou locais).
O propietario ou promotor do Edificio ou unidade do mesmo será o responsable de encargar o Certificado de Eficiencia Enerxética o Técnico Certificador competente. Tamén será responsable de conservar a correspondente documentación.
¿Qué inmobles están obrigados a obter o Certificado de Eficiencia Enerxética?
A obriga da cualificación enerxética establecese por medio dunha directiva do Parlamento Europeo aprobada en 2002 e refundida posteriormente en maio de 2010. En España a obriga da cualificación enerxética para edificios de nova construción, así como para aqueles edificios existentes obxecto de importantes reformas o rehabilitacións, foi establecida por un real decreto aprobado en xaneiro de 2007.
Os edificios construídos con anterioridade ó 2007 tamén deberán certificar a súa eficiencia enerxética antes de efectuar calquera operación de venda ou arrendamento do inmoble, así como o facer calquera publicidade do mesmo. Esta obriga entra en vigor coa aprobación do Real Decreto 235/2013 de 5 de abril.
Segundo o artigo 2 do Real Decreto 235/2013 do 5 de abril, o certificado de eficiencia enerxética é obrigatorio nos seguintes casos
- Edificios de nova construción.
- Edificios ou partes de edificios existentes que se vendan o aluguen a un novo arrendatario, sempre que non dispoñan dun certificado en vigor.
- Edificios ou partes de edificios nos que unha autoridade pública ocupe unha superficie útil total superior a 250 m2 e que sexan frecuentados habitualmente por público.
Quedan excluídos os seguintes edificios:
- Edificios e monumentos protexidos oficialmente por ser parte dun entorno declarado ou en razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico.
- Edificios ou partes de edificios empregados exclusivamente como lugares de culto e para actividades relixiosas.
- Construcións provisionais con un prazo previsto de utilización igual ou inferior a dous anos.
- Edificios industriais, de defensa e agrícolas ou partes dos mesmos, na parte destinada a talleres, procesos industriais, de defensa e agrícolas non residenciais.
- Edificios ou partes de edificios illados cunha superficie útil total inferior a 50 m2.
- Edificios que se compren para reformas importantes ou demolición.
- Edificios ou partes de edificios existentes de vivendas, con un uso inferior a catro meses ó ano, ou ben durante un tempo limitado ó año e con un consumo previsto de enerxía inferior ó 25 por cento do que resultaría da súa utilización durante todo o ano, sempre que así conste mediante declaración responsable do propietario.
Inmobles privados:Será esixible para tódolos inmobles privados, sexan edificios enteiros ou partes dos menos, novos ou existentes, para os que se realicen contratos de compravenda o arrendamento a partir do 1 de Xuño de 2013.
Inmobles públicos: os edificios ou unidades de edificios existentes ocupados por unha autoridade pública.
De acordo co artigo 13 do RD. RD. 235/2013 do 5 de abril, é obrigatorio a exhibición, nun lugar destacado e ben visible, da etiqueta de eficiencia enerxética nos seguintes casos.
- Tódolos edificios ou unidades de edificios de titularidade privada que sexan frecuentados habitualmente por público, cunha superficie útil total superior a 500 m2, cando sexa esixible a súa obtención.
- Tódolos edificios o partes dos mesmos ocupados por autoridades públicas e que sexan frecuentados habitualmente por público, cando conte cunha superficie útil total superior a 250m2
Obtención del certificado y obriga de exhibir a etiqueta de eficiencia enerxética |
|||
Tipo de edificio |
Superficie útil |
A partir da data |
|
Edificios ou unidades de edificios existentes ocupados por una autoridade pública |
>500 m2 |
1 de Xuño de 2013 |
|
>250 m2 |
9 de Xullo de 2015 |
||
>250 m2 |
31 decembro de 2015 |
En réxime de arrendamento |
|
Edificios ou unidades de edificios de titularidade privada que sexan frecuentados habitualmente por público |
>500 m2 |
1 de Xuño de 2013 |
Cando sexan obxecto de aluguer ou venda |
¿Quén pode elaborar o Certificado de Eficiencia Enerxética?
O certificado de eficiencia enerxética dun edificio será asinado por Técnicos competentes que estean en posesión da titulación académica e profesional acreditativa para a realización de proxectos de edificación ou da súas instalación térmicas.
Segundo o Artigo 1, punto 3, letra p, do Real Decreto 235/2013:
Técnico competente: técnico que estea en posesión de calquera das titulacións académicas e profesionais acreditados para a redacción de proxectos ou dirección de obras e dirección de execución de obras de edificación ou para a realización de proxectos das súas instalacións térmicas, segundo o establecido na Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, ou para a subscrición de certificados de eficiencia enerxética, ou que acredite a cualificación profesional necesaria para subscribir certificados de eficiencia enerxética segundo o que se estableza mediante a orden prevista na disposición adicional cuarta.
¿Debe rexistrarse o Certificado de Eficiencia Enerxética?
SI….O certificado de eficiencia enerxética do edificio debe presentarse, por el promotor ou propietario, ante o órgano competente de la Comunidade Autónoma en materia de certificación enerxética de edificios, para o rexistro destas certificacións no seu ámbito territorial. Na comunidade autónoma de Galicia.
¿Qué pasa si tendo a obriga de obter o certificado de eficiencia enerxética non se realiza?
No artigo 18 do Real Decreto 235/2013 introdúcese a nova figura administrativa da infracción específica en materia de certificación enerxética dos edificios, onde os tipos e sanciones serán desenvolvidos nunha Orden posterior. Ademais estipulase que a non realizar a exhibición e/ou non dispor da etiqueta e o certificado considerarase unha infracción en materia de defensa dos consumidores e usuarios de acordo co establecido nos apartados k) y n) do Artigo 49.1 del Texto refundido da Lei Xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios, aprobado po Real Decreto Lexislativo 1/2007.
No artigo 50 do texto refundido da Lei de Defensa dos consumidores gradúa as infraccións, que poderán cualificarse polas Administracións públicas competentes como leves, graves ou moi graves, atendendo entre outros o seu grado de intencionalidade e reincidencia. As sancións que se establecen no artigo 51.1 de mencionado texto legal son:
a) Infraccións leves, ata 3.005,06 €.
b) Infraccións graves, entre 3.005,07 € e 15.025,30 €
c) Infraccións moi graves, entre 15.025,31€ e 601.012,10€.
Podendo declararse nulo o contrato de compravenda ou arrendamento como consecuencia de non informar correctamente ó comprador ou arrendatario. Pode suceder ademais que o vendedor/arrendador teña que indemnizar ó comprador ou inquilino polos prexuízos ocasionados pola falta de información facilitada.