Quenes somos?
adail, Servizos de Enxeñería e Asistencia Técnica, S.L., é unha empresa consultora independente fundada en 1999 que se dedica á prestación de servizos técnicos cualificados nos sectores industrial, enerxético, da edificación e medioambiental.
A preparación e experiencia dos profesionais que a constitúen, así como o continuado esforzo en formación e innovación tecnolóxica, sitúan a adail en condicións de proporcionar a mellor oferta de servizos. Estes recursos humanos e tecnolóxicos fan que a empresa poida responder a cada requirimento, adecuando os medios óptimos e precisos coa seguridade de conseguir os resultados previstos.
Política e misión
Adail esta formada por un equipo de persoas cunhas ideas en común, persoas que creen na enxeñería e na construción como actividades de interese social na medida en que estas contribúen a creación de infraestruturas e equipamento que favorecen o desenvolvemento da nosa sociedade, respectando o potenciando o medioambiente e mellorando a calidade de vida das persoas.
A misión de Adail é a misión das persoas que a conforman, é esta misión consiste basicamente en satisfacer as necesidades dos seus clientes, aportando as solucións mais axeitadas ó problema ou necesidade tendo en conta a súa viabilidade social, medioambiental e económica, e asistindo tecnicamente ós seus clientes naquelas cuestións que o requira.