¿Qué é o Certificado de Eficiencia Enerxética?

Eficiencia energética

O Certificado de Eficiencia Enerxética, regulado polo Real Decreto 235/2013 de 5 de abril, polo que se aproba o “Procedemento Básico para a Certificación da Eficiencia Enerxética dos Edificios”, é un conxunto de informes ou documentos administrativos nos que se define a cualificación enerxética dun inmoble.

Polo tanto a certificación enerxética cualifica enerxeticamente un inmoble calculando o consumo anual de enerxía necesario para satisface-la demanda enerxética dun edificio en condicións normais de ocupación e funcionamento. (inclúe os sistema de produción de auga quente e calefacción, iluminación, refrixeración e ventilación).

O proceso de certificación enerxética remata coa emisión do certificado de eficiencia enerxética e a asignación dunha etiqueta enerxética, que expresa a cualificación enerxética do edificio.

 

¿Quen está obrigado a realizar o Certificado de Eficiencia Enerxética?

Este certificado resulta obrigatorio, salvo excepcións, para o propietario do inmoble ou de calquera parte individual do mesmo (vivendas, oficinas ou locais).

O propietario ou promotor do Edificio ou unidade do mesmo será o responsable de encargar o Certificado de Eficiencia Enerxética o Técnico Certificador competente. Tamén será responsable de conservar a correspondente documentación.

  

¿Qué inmobles están obrigados a obter o Certificado de Eficiencia Enerxética?

A obriga da cualificación enerxética establecese por medio dunha directiva do Parlamento Europeo aprobada en 2002 e refundida posteriormente en maio de 2010. En España a obriga da cualificación enerxética para edificios de nova construción, así como para aqueles edificios existentes obxecto de importantes reformas o rehabilitacións, foi establecida por un real decreto aprobado en xaneiro de 2007.

Os edificios construídos con anterioridade ó 2007 tamén deberán certificar a súa eficiencia enerxética antes de efectuar calquera operación de venda ou arrendamento do inmoble, así como o facer calquera publicidade do mesmo. Esta obriga entra en vigor coa aprobación do Real Decreto 235/2013 de 5 de abril.

Segundo o artigo 2 do Real Decreto 235/2013 do 5 de abril, o certificado de eficiencia enerxética é obrigatorio nos seguintes casos

  1. Edificios de nova construción.
  2. Edificios ou partes de edificios existentes que se vendan o aluguen a un novo arrendatario, sempre que non dispoñan dun certificado en vigor.
  3. Edificios ou partes de edificios nos que unha autoridade pública ocupe unha superficie útil total superior a 250 m2 e que sexan frecuentados habitualmente por público.

Quedan excluídos os seguintes edificios:

  1. Edificios e monumentos protexidos oficialmente por ser parte dun entorno declarado ou en razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico.
  2. Edificios ou partes de edificios empregados exclusivamente como lugares de culto e para actividades relixiosas.
  3. Construcións provisionais con un prazo previsto de utilización igual ou inferior a dous anos.
  4. Edificios industriais, de defensa e agrícolas ou partes dos mesmos, na parte destinada a talleres, procesos industriais, de defensa e agrícolas non residenciais.
  5. Edificios ou partes de edificios illados cunha superficie útil total inferior a 50 m2.
  6. Edificios que se compren para reformas importantes ou demolición.
  7. Edificios ou partes de edificios existentes de vivendas, con un uso inferior a catro meses ó ano, ou ben durante un tempo limitado ó año e con un consumo previsto de enerxía inferior ó 25 por cento do que resultaría da súa utilización durante todo o ano, sempre que así conste mediante declaración responsable do propietario.

 

Inmobles privados:Será esixible para tódolos inmobles privados, sexan edificios enteiros ou partes dos menos, novos ou existentes, para os que se realicen contratos de compravenda o arrendamento a partir do 1 de Xuño de 2013.

 Inmobles públicos: os edificios ou unidades de edificios existentes ocupados por unha autoridade pública.

 

De acordo co artigo 13 do RD. RD. 235/2013 do 5 de abril, é obrigatorio a exhibición, nun lugar destacado e ben visible, da etiqueta de eficiencia enerxética nos seguintes casos.

  • Tódolos edificios ou unidades de edificios de titularidade privada que sexan frecuentados habitualmente por público, cunha superficie útil total superior a 500 m2, cando sexa esixible a súa obtención.
  • Tódolos edificios o partes dos mesmos ocupados por autoridades públicas e que sexan frecuentados habitualmente por público, cando conte cunha superficie útil total superior a 250m2

 

Obtención del certificado e obriga de exhibir a etiqueta de eficiencia enerxética

Tipo de edificio

Superficie útil

A partir da data

 

Edificios ou unidades de edificios existentes ocupados por unha autoridade pública

>500 m2

1 de Xuño de 2013

 

>250 m2

9 de Xullo de 2015

 

>250 m2

31 Decembro de 2015

En réxime de arrendamento

Edificios ou unidades de edificios de titularidade privada que sexan frecuentados habitualmente polo público

>500 m2

1 de Xuño de 2013

Cando sexan obxecto de aluguer ou venda

 

¿Quén pode elaborar o Certificado de Eficiencia Enerxética?

O certificado de eficiencia enerxética dun edificio será asinado por Técnicos competentes que estean en posesión da titulación académica e profesional acreditativa para a realización de proxectos de edificación ou da súas instalación térmicas.

Segundo o Artigo 1, punto 3, letra p, do Real Decreto 235/2013:

Técnico competente: técnico que estea en posesión de calquera das titulacións académicas e profesionais acreditados para a redacción de proxectos ou dirección de obras e dirección de execución de obras de edificación ou para a realización de proxectos das súas instalacións térmicas, segundo o establecido na Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, ou para a subscrición de certificados de eficiencia enerxética, ou que acredite a cualificación profesional necesaria para subscribir certificados de eficiencia enerxética segundo o que se estableza mediante a orden prevista na disposición adicional cuarta.

  

¿Debe rexistrarse o Certificado de Eficiencia Enerxética?

SI….O certificado de eficiencia enerxética do edificio debe presentarse, por el promotor ou propietario, ante o órgano competente de la Comunidade Autónoma en materia de certificación enerxética de edificios, para o rexistro destas certificacións no seu ámbito territorial. Na comunidade autónoma de Galicia.

  

¿Qué pasa si tendo a obriga de obter o certificado de eficiencia enerxética non se realiza?

No artigo 18 do Real Decreto 235/2013 introdúcese a nova figura administrativa da infracción específica en materia de certificación enerxética dos edificios, onde os tipos e sanciones serán desenvolvidos nunha Orden posterior. Ademais estipulase que a non realizar a exhibición e/ou non dispor da etiqueta e o certificado considerarase unha infracción en materia de defensa dos consumidores e usuarios de acordo co establecido nos apartados k) y n) do Artigo 49.1 del Texto refundido da Lei Xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios, aprobado po Real Decreto Lexislativo 1/2007.

No artigo 50 do texto refundido da Lei de Defensa dos consumidores gradúa as infraccións, que poderán cualificarse polas Administracións públicas competentes como leves, graves ou moi graves, atendendo entre outros o seu grado de intencionalidade e reincidencia. As sancións que se establecen no artigo 51.1 de mencionado texto legal son:

a) Infraccións leves, ata 3.005,06 €.

b) Infraccións graves, entre 3.005,07 € e 15.025,30 €

c) Infraccións moi graves, entre 15.025,31€ e 601.012,10€.

Podendo declararse nulo o contrato de compravenda ou arrendamento como consecuencia de non informar correctamente ó comprador ou arrendatario. Pode suceder ademais que o vendedor/arrendador teña que indemnizar ó comprador ou inquilino polos prexuízos ocasionados pola falta de información facilitada.

 

 

 

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. ***Directiva sobre el tratamiento de los datos personales***