Cada proxecto é unha unidade centralizada baixo a responsabilidade do Director de Proxecto, que actúa como representante permanente do proxecto ante o cliente.

 

A magnitude dun proxecto condiciona a dedicación dos diversos recursos técnicos e administrativos da empresa, que comprende normalmente desde un equipo de xestión dirixido polo Director de Proxecto ata os diferentes grupos de disciplinas técnicas, supervisadas polos respectivos Xefes de Departamentos Técnicos.

Proxectos de edificación e obra civil: proxectos de edificación de naves industriais, de oficinas, centros comerciales e de negocio. Proxectos de infraestruturas urbanas (redes de saneamento, abastecemento e rega, auga quente, gas, comunicacións, electricidade, etc), proxectos de estacións de depuración, centrais de almacenamento de combustible para distribución urbana.

 

Proxectos de instalacións enerxéticas: centrais minihidraúlicas, centrais térmicas de biomasa, plantas de cogeneración, parques eólicos, centrais e instalacións de enerxía solar fotovoltaica, instalacións solares térmicas.

 

Proxectos de instalacións técnicas para edificios de vivendas, establecementos comerciais e naves industriais: electricidade BT/MT/AT, calefacción e climatización, instalacións comúns de telecomunicación, instalacións de protección contra incendios, instalacións de fontanería e ACS, instalacións de saneamento, etc.

 

Proxectos de instalacións agropecuarias e forestais: industrias da madeira, repoboacións forestais, instalacións de secado de madeira, invernadoiros, granxas, instalacións de rega, piscifactorías, etc.

 

 

Proxectos industriais: proxectos de instalacións para industria conserveira, proxectos de talleres, estacións de servizo, plantas industriais (plantas frigoríficas, instalacións térmicas, instalacións hidráulicas e neumáticas, plantas de depuración para industrias, etc.)

 

 

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. ***Directiva sobre el tratamiento de los datos personales***